Рет қаралды 32,002
Letra:
Un cento de anos pasou
o século chega á súa fin
Un cento de anos pasou
mandáronme chorar e eu rin
E pensei que a chave está
entre o yang e o yin
e cando miro ó meu redor
o mundo está a agardar por min
E a todo que cando era eu crin
cando aínda era un galopín
e a todo que cando era eu crin
hoxe non me entra no maxín
Non, sobranceiro non son
nin digno de devoción
mais o son do corazón
é o que me guía con paixón
Respostas non quero, non
tan só sentir ilusión
pois o son do corazón
é o que me guía con pai...
é o que me guía con paixón.