Рет қаралды 84,899
Presentación de Ribeira Sacra no Teatro Principal de Ourense (Xuño 2018)
O carro tradicional foi importantísimo nos traballos do campo. As súas rodeiras milenarias deixaron trazados camiños na pedra e os seus sons ancestrais estiveron connosco ata non hai moito tempo.
Estas son unhas estrofas recollidas na aldea de Niñodaguia, a María Copo e Xosefa Rodríguez. A música é unha creación propia dedicada a elas dúas.
Se queres que o carro cante
bótalle o eixo de bido
as treitoiras de carballo
e as cuñas de sangubiño
Se queres que o carro cante
móllalle o eixo no río
e despois de ben mollado
hache dar bon asubío
Se queres que o carro cante
como a gaita do gaiteiro,
ponlle o eixe de carballo
e as treitoiras de amieiro.